Do 2 ao 5 de marzo terá lugar a 3ª residencia do programa Interritmos | Raices Vivas. Será unha residencia creativa dirixida a artistas emerxentes de música de raíz residentes en Galicia, cun máximo de 8 participantes.




Durante 4 días e 3 noites, a residencia propón un proceso intensivo de traballo arredor da identidade visual, a imaxe persoal, a estética sonora e a comunicación profesional, entendendo a imaxe como unha extensión natural da música e do discurso artístico.
Trátase dun espazo para parar, observarse e construír, acompañado por profesionais do ámbito do estilismo, a fotografía, a dirección de arte e o branding cultural, nunha contorna natural que favorece a creación e o diálogo colectivo.
- Identidade visual
- Concepto estético
- Imaxe, cor e textura
- Coherencia entre música, corpo e escena
A residencia combina reflexión, práctica e produción real de materiais, co obxectivo de que cada artista saia cunha identidade visual máis clara, coherente e aliñada coa súa proposta musical.
Do 21 ao 24 de outubro en Ponteareas, convidámoste a formar parte dunha experiencia única de creación colectiva e encontro artístico. Durante tres xornadas intensas e inmersivas, convivirás con artistas emerxentes e profesionais da interpretación, da música tradicional e do flamenco, nun espazo pensado para inspirar, conectar e cocrear.
- Sesións de radio e exposición de proxectos polas mañás
- Obradoiros de movemento e creación escénica polas tardes
- Ceas compartidas e espazos de conversa para facer fluír a inspiración
- Un ambiente íntimo e creativo
Este é un encontro emocional e creativo entre artistas, un lugar para abrir camiños entre tradicións, compartir ferramentas escénicas, explorar a túa identidade artística e deixar nacer novas propostas desde o diálogo e o acompañamento profesional.

- INSCRIBETE!
- INSCRIBETE!
