Interritmos é un programa formativo que impulsa a profesionalización de artistas e preserva o patrimonio cultural, creando pontes entre a música de raíz e o flamenco. Faino a través de formacións, residencias artísticas e eventos.


A quen está dirixida esta formación?
Esta formación presencial está pensada para proxectos artísticos que queren definir, construír ou reforzar un universo visual propio e coherente.
Se buscas dar un paso máis na profesionalización do teu proxecto, atopar novas formas de contar quen es e facer que a túa proposta sexa recoñecible, diferencial e conecte co público, este espazo é para ti.
A quen está dirixida esta formación?
A formación acompaña os proxectos musicais na construción dun universo artístico propio e coherente, traballando a súa narrativa, identidade visual, imaxe, estilismo, presenza escénica e comunicación. Un percorrido para descubrir como contar quen es, como queres ser percibida/o e como trasladar esa identidade a cada espazo ou medio.
Tamén aborda as claves para dar un paso cara á profesionalización en canto á posta en escena, a creación e distribución audiovisual, eventos e espectáculos, financiamento e alianzas, entendendo a imaxe e o relato artístico como ferramentas estratéxicas para medrar, conectar co público e abrirse a novos circuítos profesionais.

Que e como aprenderás?
Traballarás da man de profesionais en activo da industria aspectos como a narrativa, a identidade visual, a imaxe, o estilismo, a presenza escénica e a comunicación.

Aprenderás a trasladar a identidade do teu proxecto a cada espazo no que cobra vida: o escenario, a cámara, a imaxe ou o audiovisual. Tamén descubrirás ferramentas para acceder a novos circuítos, eventos e oportunidades, abordando as claves da produción, distribución, financiamento e creación de alianzas.
A formación combina:
• 60 horas presenciais en grupo, para aprender, compartir e experimentar xunto a outros proxectos. (Asistencia mínima obrigatoria do 70 %).
• Ata 40 horas de mentorías individuais por proxecto artístico, para desenvolver a túa propia estratexia co acompañamento de profesionais en activo.

Preinscrición aberta ata o 5 de outubro.
Matrícula gratuíta. Programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus.
Organiza e colabora:











